Principal

 

Benvido ao Grupo de Dereito de Consumo e Protección do Consumidor

O Grupo de Investigación «Dereito de Consumo e Protección do Consumidor»* constituíuse o ano 2007, coa finalidade de representar unha referencia nas investigacións, estudos e publicacións na materia que lle dá nome.

Os Profesores da Área de Dereito civil da UDC que o integramos, adicamos unha parte substancial da nosa actividade investigadora á análise científica da normativa de consumo. Para iso contamos co financiamento proveniente de diversos proxectos de investigación obtidos en convocatorias competitivas, así como de convenios de colaboración con institucións públicas e entidades privadas. Asemade, coa finalidade de difundir os resultados daqueles estudos organizamos, periodicamente, cursos e xornadas de formación en materias de interese e actualidade.

Nesta páxina web, os interesados no Dereito de consumo poderán coñecer as actividades do Grupo de Investigación e ter acceso aos materiais normativos, xurisprudenciais e bibliográficos que periodicamente hanse de actualizar. Por outra parte, pretendemos que esta se converta nunha plataforma que permita poñer os nosos coñecementos e experiencia ao servizo das institucións públicas, das entidades privadas e, por suposto, dos consumidores e as súas asociacións.

* Grupo adscrito ao grupo de investigación da UDC “Empresa, Consumo e Dereito (EDC)” (Código Interno G000708)

Actividade do grupo »

Mecanismos de protección do consumidor do crédito (VII Xornadas de Dereito de consumo)

337-396-5350

«Mecanismos de protección do consumidor do crédito (VII Xornadas de Dereito de consumo)» organizadas no marco do Próxecto de Investigación DER2013-47711-P,...

 

2489277712

«La responsabilité des professionnels du Droit en Espagne», en Les  professions juridiques. Journées Internationales Cambodge – Vietnam 2011 (Travaux de la...

 
 

(404) 932-8883

7703092684

Comeza a aplicación efectiva da nova taxa xudicial.? Publícase no Boletín Oficial do Estado a rde HAP/2662/2012 que regula o formulario (modelo 696) para a súa...

 

509-314-8643

Apróbase a Lei de Taxas Xudiciais: Lei 10/2012, do 20 de novembro, pola que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto...